Discovercasagrande
casagrande
Claim Ownership

casagrande

Author: loispardo

Subscribed: 0Played: 0
Share

Description

A cidade de NÓS xa non é a nosa cidade
21 Episodes
Reverse
Pandeiretas que falan

Pandeiretas que falan

2024-07-1709:59

A pandeireta chegou a se converter no maior e mellor cómplice da nosa tradición oral, asimilando o atavismo que vive na oralidade através da fusión do instrumento coas “coplas aprendidas na saia da avoa". Músicas: Faltriqueira. Vamos dançar Fillas de Cassandra. Tataravoa Leilía. Ronda de Mangüeiro Ses. Como eu canto Anxo Rei. Pluma que tes Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2024/07/13/facer-falar-a-pandeireta/
Ao fío do exposto, se tiver que procurar o meu particular grito de Hidalgo (preludio dumha guerra hormonal que ía me converter numha persoa adulta), moi probablemente tería que me trasladar á xornada do 23 de xunho de 1983. Vista desde a distancia, aquela noite de San Xoán -que coincidía co primeiro día das festas de Santa Teresinha- foi, sen dúbida, o día fundacional da minha adolescencia. Música: Michael Giacchino. BSO Inside out. 2015 Nacha Pop (Antonio Vega). Una décima de segundo. 1983 Tino Casal. Embrujada. 1983 Dexys Midnight runners and the Emerald express. Come on Eileen. 1983 Los Suaves. Siempre igual. 1982 John Grant. GMF. 2013 Podes ler o artigo enteiro en: https://loispardo.wordpress.com/2024/06/29/a-mesma-persoa-de-sempre/
O Pinhor da Carminha

O Pinhor da Carminha

2024-06-1407:54

Carmen Martín Gaite en San Lourenzo de Pinhor (Barbadás - Ourense). Umha flâneuse en Manhattan ou na Pipileira, no Campo de Roma ou en Malasanha, nas Penas de Ousande ou no Horto de Calisto e Melibea, contemplando o mundo desde o mesmo núcleo e "facéndose unha soa carne coa multitude". Música: Camille Durand & Emma Libran. Ode to joy (a capella) Christophe. Aline Alberto Pérez. Chica Gilbert Becaud. Et maintenant Françoise Hardy. Tous les garçons et les filles Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2024/06/14/o-pinhor-da-carminha/
Non fora mala idea aquela de se meter nun cine para afrontar o frío invernal que azoutaba a cidade das Burgas naqueles últimos días de xaneiro de 1962 Música: Ennio Morricone. - Cinema Paradiso - string version (BSO Cinema Paradiso) - Nuovo Cinema Paradiso (BSO Cinema Paradiso) Lola Flores. A tu vera (incluída na BSO El balcón de la luna) Podes ler o artigo enteiro en: https://loispardo.wordpress.com/2023/12/03/a-xeracion-mais-preparada/
Os audios

Os audios

2024-04-0507:07

As aplicacións informáticas son ferramentas que procuran "facilitarnos" a vida. Pero nalgumhas cousas non estaría de máis seguirmos os mesmos patróns daquela vida que facilitou a creación destas apps e non crearmos uns ritos novos que só pensan na nosa relación co dispositivo móvil e na liberación constante de dopamina através dos likes recibidos nas nosas redes sociais Música: Penguin cafe orchestra - Telephone and rubber band System of a Down - Toxicity Johann Pachelbel - Canon e Xiga en Re Maior Cliff Richard - We don't talk anymore Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2024/01/27/os-audios/
A través suyo, el adolescente descubrió a Hölderlin, Celan o Truffaut, empatizando rápidamente con aquel Antoine Doinel que corría para ver el mar por vez primera. Un mar convertido en un niño que canta sobre 40 prisiones, en aquel primer encuentro en que veía sus ilusiones transportadas por las olas... Música: Pasaba por aquí (L. E. Aute) interpretada por Jesús Acebedo Artigo completo, publicado o 4 de abril de 2020, día do pasamento de Luis Eduardo Aute https://loispardo.wordpress.com/2020/04/04/aute-na-memoria/
Acariño galaico

Acariño galaico

2024-03-2206:34

Con umha obra que soubo dialogar á perfección entre a arte e a antropoloxía, o autor do belén máis admirado do país, representa, sen dúbida, un dos principais referentes da escultura na cidade. Música no audio: Ramin Djawadi - The House of the Rising Sun Enrique Guzmán - 100 kilos de barro Coa colaboración de Marcos Guimarey Vázquez Podes ler o artigo completo en https://loispardo.wordpress.com/2024/03/18/acarino-galaico/ Antón Lopo descubre, en marzo do ano 2021, que a data real de nacemento de Arturo Baltar foi o 25 de xullo de 1931 na Quinta La Balear (A Habana), como pode consultarse no libro Lopo, A. (2021). Arturo Baltar. Deputación Provincial de Ourense
Filomena Dato

Filomena Dato

2024-02-2810:31

A "interviú" coa que Lugín quixo sorprender á esquiva autora ourensá, non ten desperdicio, nin polo contido nin polo estilo co que está redactada. Desde que Lugín colle un coche nos xardíns de Méndez Núñez, naquela manhá chuviosa abril, até a chegada ao pazo de Moruxo, onde a "boa, inxenua e noble" Filomena rexeita con graza a entrevista ao tempo lle dá un caldinho de grelos, que "é gloria mesmamente" Coa participación no audio de: Lara Vázquez Carreiro Música empregada: Faustino Santalices - Alalá das Marinhas Iago Varela - Alalá das Marinhas Fillas de Cassandra - Dafne e Syrinx Pancho Álvarez - Alalá das Marinhas Fillas de Cassandra - Eco Podes ler o artigo en: https://loispardo.wordpress.com/2023/07/27/filomena-dato/
O Pazo das Eiroás

O Pazo das Eiroás

2024-02-2107:40

Albergue para o xogo daqueles nenos que hoxe xa tenhen netos, testigo dos primeiros movementos agraristas, da cinzarrada que dera orixe ao Entroido e -portanto- á Festa da Pita, anfitrión da feira que hoxe dá nome a un dos barrios máis populosos da cidade… e tantas outras cousas que non podemos imaxinar porque nin temos acceso ao seu interior, nin ao seu arquivo, nin sequera sabemos se existe un inventario da Casa e das súas pertenzas. Músicas: Chris Spheeris e Paul Voudouris - Enchantment Swing to go - Smooth operator (cover), de Sade Podes ler o artigo completo en https://loispardo.wordpress.com/2024/02/10/o-pazo-das-eiroas/
Desprestige

Desprestige

2022-11-2615:46

E desaparecido o Estado, emerxeu a Nación. Así soubo resumir o Xosé  Manuel Beiras o ocorrido naquelas semanas do outono de 2002. O 1 de  decembro, mentres a maior marea negra da Historia chegaba ás areas  galegas, 200.000 persoas berraban Nunca Máis numha Compostela  esaxeradamente tomada polos corpos e forzas de seguridade, mostra talvez  do complexo de culpabilidade instalado nos principais postos de  decisión do país e do Estado. Música de: Mercedes Peón. BSO Mareas vivas. Laura LaMontagne e Pico Amperio. Banharémonos nas ondas. Luar na lubre. Memoria da noite. Podes ler o artigo completo en https://loispardo.wordpress.com/2022/11/19/desprestige/
ProbAlfa

ProbAlfa

2022-10-1009:15

Como dirían os vecinhos do sul, não têm pernas para andar. Son  foguetes de pólvora mollada que lanza quen aspira a seguir parasitando  do público, na procura de altofalantes que non tenhan tempo ou non lles  preocupe saber se hai algo serio -ou sequera real- en cada umha desas  propostas. Música: Jac Ross canta A Change Is Gonna Come, de Sam Cooke Simone Cosentino canta Bandiera bianca, de Franco Battiato Artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2022/10/08/probalfa/
Memoria de peixe

Memoria de peixe

2022-08-0706:50

Os mesmos protagonistas que anos máis tarde machacaron (e seguen machacando) as nosas orellas con alburgadas tales como que “o cliente non entrará se non se pode fumar“, “se subimos os salarios, medrará o desemprego” ou o máis actual “o cliente non virá se temos o ar acondicionado a 27 graos“,  eran os que prometían no ano 89 que os comercios pecharían por ducias  coa peonalización daqueles escasos 100 metros da rúa do Paseo. Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2022/08/07/memoria-de-peixe/
Os [bos] xestores

Os [bos] xestores

2022-06-1905:06

Entre os “bos xestores” de hoxe é habitual atopar aos enchufados de onte e aos delincuentes de manhá. Podes ler a entrada no blog: https://loispardo.wordpress.com/2022/06/17/os-bos-xestores/ A canción que soa é "Lograremos volar", de Susana Estrada (Amor y libertad. 1981)
Ben pudera ser un conto para botar umhas gargalladas de non ser porque a  cidade segue esmorecendo sen saber canto tempo máis imos ter que aturar  a un goberno que non goberna, a unha cámara que non escoita á cidadanía  ou a un alcalde que semella gozar procesionando o santo mentres  repenica as campás ao mesmo tempo, sen saber a quen corresponde a imaxe  nin como ten que mover o badal.  Podes ler o artigo completo en: https://loispardo.wordpress.com/2022/01/18/non-queimen-maios-ourense/
Bohemio

Bohemio

2022-03-3003:56

Despois de 2 anos que nos fixeron un chisco máis experimentados, non  estaría de máis decatarnos do bo que sería encher eses espazos na  memoria das nosas amizades para cando non esteamos. E, de paso,  recuperar o control sobre as nosas vidas e os nosos recursos, rexeitando  o aillado individualismo babeco co que nos quere engulir o sistema  neoliberal. A música que soa é unha versión de Father and son, do Cat Stevens/Yusuf Islam, interpretada por Created by Connor https://www.youtube.com/channel/UCIbsgL51kLSL4bxI8EfC7gA Podes ler o artigo en: https://loispardo.wordpress.com/2022/03/28/bohemio/
O Manuel

O Manuel

2021-06-1303:52

Podes ler o artigo enteiro en: https://loispardo.wordpress.com/2021/05/13/o-manuel/
Podes ler o post enteiro en: https://loispardo.wordpress.com/2017/04/04/a-cidade-na-que-non-pasa-nada/
No hay postre

No hay postre

2021-04-1304:51

Mala praxe pedagóxica esa de lexislar normas de difícil ou imposíbel cumprimento, máis aínda cando o propio lexislador é o principal quebrantador da mesma. A cidadanía pode dar en pensar que as normas non están para cumprir e isto provocaría a entrada nun bucle de difícil saída. Se queres, podes ler o artigo no blog: https://loispardo.wordpress.com/2017/07/31/nohaypostre/
OurenSmart

OurenSmart

2021-04-1005:52

No “Ourense oficial” seguimos presentando modelos de smart para o noso territorio, e recollendo premios que nos auto-otorgamos para podermos encher con máis selfies/selfish as nosas redes sociais ao tempo que pregoamos aos 4 ventos que somos unha cidade e unha provincia intelixente. Agardamos, por enésima vez (somos así de pacientes e confiados, talvez intoxicados por un exceso de radón) que os futuros gobernos de Ourense saiban desprenderse do elefante que os aprisiona e aposten polos seus recursos e pola revitalización dos seus territorios. Poida que así non precisemos tantas marcas ridículas para aparentar que facemos algo, mentres imos vendo como a provincia se funde ao ritmo da orquestra que non deixa de tocar. Se queres, podes ler o artigo no blog: https://loispardo.wordpress.com/2019/07/03/ourensmart/
Trece

Trece

2021-04-0405:47

A ausencia de cultura (a incultura) métenos nun bucle que comeza por facernos máis influenciables primeiro e máis manipulables despois, para converternos en fanáticos que temen e critican o que desconhecen, que se informan e comunican nos grupos de whatsapp ou nos muros do facebook e que acaban por odiar o que non entenden. Podes ler o artigo en: https://loispardo.wordpress.com/2021/03/19/13/
loading