“O baile é para todas e todos”: o grupo inclusivo de UPA Narón fai da danza un espazo para compartir e gozar
Update: 2025-10-01
Description
Cada martes, de 16:00 a 17:00 horas, o local de UPA Narón énchese de música, movemento e sorrisos grazas ao grupo de baile inclusivo que se reúne semanalmente baixo a dirección da súa profesora, Laura.
Trátase dunha iniciativa aberta a persoas de todas as idades e condicións vitais, que pon no centro o disfrute da música e da danza máis alá das capacidades individuais. “O realmente importante é se nos gusta movernos coa música, cada quen á súa maneira, adaptándonos e aprendendo xuntos”, explica Laura, quen destaca o valor da expresión persoal e colectiva que se dá en cada sesión.
As e os integrantes do grupo coinciden en que o baile lles permite aprender diferentes disciplinas, descubrir como contar a música e coñecer as características de cada estilo, todo nun ambiente distendido e cheo de compañeirismo. “O mellor é que sempre o pasamos ben mentres aprendemos”, afirman.
Ademais do aspecto formativo, o grupo valora especialmente o espazo de convivencia que se crea cada martes, un lugar onde compartir momentos inesquecibles e fortalecer lazos a través da danza

Comments
In Channel