DiscoverVoces de Ferrol - RadioVozNarón celebra este domingo o Día da Bicicleta con deporte, lecer en familia e aposta pola mobilidade sostible
Narón celebra este domingo o Día da Bicicleta con deporte, lecer en familia e aposta pola mobilidade sostible

Narón celebra este domingo o Día da Bicicleta con deporte, lecer en familia e aposta pola mobilidade sostible

Update: 2025-10-01
Share

Description

O Concello de Narón, RadioVoz e La Voz de Galicia organiza este domingo, 5 de outubro, unha nova edición do Día da Bicicleta, unha cita aberta a persoas de todas as idades que busca fomentar o deporte, o lecer en familia e o uso da bicicleta como medio de transporte sostible.
A xornada arrancará no Paseo Marítimo de Xuvia, onde terá lugar a concentración ás 10:30 horas. A saída oficial está prevista para as 11:00 horas. O percorrido, accesible para todos os niveis, discorrerá polas rúas Marcial Calvo, Castela, Rafael Bárez, A Gándara, Ponte das Cabras e Papa Xoán XXIII, finalizando de novo no paseo de Xuvia.
As persoas interesadas poden inscribirse de forma anticipada na Delegación de La Voz de Galicia en Ferrol e no Concello de Narón, ou ben o mesmo día do evento, entre as 10:00 e as 10:45 horas, no punto de saída.
A organización lembra que o uso do casco será obrigatorio e que non se permitirá a participación con patinetes eléctricos.
O Día da Bicicleta de Narón preséntase como unha oportunidade perfecta para desfrutar dunha mañá de deporte, diversión e convivencia en familia.
Comments 
In Channel
loading
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes