AGA Ferrolterra celebra 40 años con un programa especial y IV Xornadas de Irmandade Abelleira en Narón
Update: 2025-11-27
Description
A delegación local da Asociación Galega de Apicultura, AGA Ferrolterra, celebra o seu 40º aniversario cunha programación especial que inclúe as IV Xornadas de Irmandade Abelleira, organizadas xunto á A.VV. Rosa dos Ventos e co apoio da Concellería de Medioambiente de Narón. As actividades, gratuítas e abertas ao público, desenvolveranse entre o 28 de novembro e o 6 de decembro en diferentes espazos de Sedes.
O programa arrinca este venres cun obradoiro de elaboración de xabóns artesáns e a charla “Pasado, presente e futuro da apicultura galega”, impartidas polo técnico apícola Rafael Díaz. O sábado 29 celebraranse dúas ponencias técnicas a cargo de Miguel Villar, sobre nutrición das abellas, e Joaquín Lozano, que abordará a varroa e as conclusións do Congreso Vespa Velutina.
O sábado 6 de decembro haberá novas intervencións sobre o estado dos polinizadores, a cargo de Pablo Torrella, e sobre o impacto da vespa velutina, impartida polo doutor Xesús Feás. A xornada completarase cun xantar de irmandade e un obradoiro de licores apícolas. AGA Ferrolterra anima a toda a comarca a participar e a poñer en valor a apicultura e o papel esencial dos polinizadores.

Comments
In Channel