Ana Díez | Xestora cultural · Impulsando a cultura dende a cooperación | #3
Description
Entrevistamos a Ana Díez, xestora cultural e cofundadora de A Seara, unha iniciativa que traballa por achegar a cultura á sociedade cunha proposta de coidado e cooperación. Unha conversa profunda sobre temas que van dende a xestión cultural á creación galega. Receptora da «Bolsa ensaia» en 2024, a súa actividade está a ter un impacto significativo na escea cultural contemporánea.
| Sobre As follas novas.
Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo.
| Sobre ensaia.
Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós na nosa web: ensaia.com










