CASTAÑAS, CASTIÑEIROS E SOUTOS, por David Castellanos, Enxeñeiro Técnico Forestal.
Update: 2025-10-30
Description
David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e achéganos consellos para os nosos cultivos.
Hoxe: CASTAÑAS, CASTIÑEIROS E SOUTOS
"Recentes estudios de polen fósil indican que os castiñeiros xa estaban presente antes das últimas glaciacións".
"Os castiñeiros aportan valor ecolóxico, produtivo, paisaxístico e monumental".
"Desenvólvese ben en climas templados, frescos e húmidos, entre os 500 e los 1.200 m de altitude, ainda que tamén pode cultivarse a nivel do mar".
CASTAÑAS, CASTIÑEIROS E SOUTOS
Familia:Fagaceae
Orixe: rexións templadas do hemisferio norte.
Porte e altura: pode alcanzar os 30 m de altura; a súa copa é amplia.
Follas: caducas, alternas, de forma elíptica, cos nervios ben marcados e de borde dentado ou serrado. Ápice agudo
Flores: é un xénero monoico con flores unisexuais. As masculinas son longas en forma de amentos erectos; as femeninas están dispostas na base do dicasio masculino sobre un longo pedúnculo. Florecen de maio a xuño.
Froito: denominado castaña, ten unha cáscara forte e flexible, e está contido nunha envoltura ou protuberancia espinosa que se abre ó madurar.
✅Utilidades e curiosidades: aporta valor ecolóxico, produtivo, paisaxístico e monumental. A súa madeira de cor amarela é de moi boa calidade, de dureza media, elástica e flexible. Emprégase para fabricar mobles e na construcción, ebanistería, tonelería, etc.
Hai especies ou híbridos que producen boa madiera e outros que son mellores produtores de froito.
É un xénero moi lonxevo que pode superar os 500 anos. Hai varios exemplares de castiñeiro en Galicia incluidos no Catálogo galego de árbores senlleiras.
Tamén se usa con fins ornamentais e funciona ben como árbore de sombra, pero cultívase e coñécese máis pola producción de castaña, froito moi valorado a nivel culinario.
Existen varias creencias ou teorías de cómo chegou o castiñeiro a Galicia e incluso hai quen di que realmente é de aquí, xa que, ainda que a maioría dos autores defenden que foi introducido na península ibérica polos romanos, recentes estudios de polen fósil indican que xa estaba presente antes das últimas glaciacións.
A especie máis común en Galicia é Castanea sativa, ainda que no último século introducíronse outras, como o castiñeiro xaponés Castanea crenata para loitar contra a enfermidade da tinta que, xunto coa enfermidade do chancro, reduciu drásticamente a poboación de castiñeiros autóctonos.
Necesidades e cultivo: Desenvólvese ben en climas templados, frescos e húmidos, entre os 500 e los 1.200 m de altitude, ainda que tamén pode cultivarse a nivel do mar. Necesita moito espazo para desenvolver a súa amplia copa. Prefire solos ácidos, profundos e húmidos, pero ben drenados e ricos en materia orgánica. Resiste ben as baixas temperaturas do inverno, pero tolera mal a sequía e as xeadas primaverales ou tardías, xa que afecta á producción de novos brotes e froitos. Ás árbores novas non medran ben en exposicións soleadas.
Máis Información DAVID CASTELLANOS:
✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es
️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información e outras entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Comments
In Channel