DiscoverSalta da CamaHALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño

HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño

Update: 2025-10-15
Share

Description

Lorena Penas, de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe: HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS

"Halloween é moito máis que disfraces e cabazas. É unha oportunidade para que o comercio local se amose creativo, próximo e con personalidade nas redes sociais".

"Aínda que moitos pensan que é unha festa puramente comercial ou ‘importada’, o certo é que o comercio local pode sacarlle moito proveito, sobre todo en redes sociais".

"Non fan falta grandes orzamentos, só imaxinación, ganas e un toque de humor".

HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS

Nadal (xa temos o turrón no supermercado dende agosto), Black Friday o próximo venres 28 de novembro… pero antes temos unha campaña que a veces pasa desapercibida e podemos aproveitar.

Halloween está á volta da esquina, é unha desas datas que hai uns anos apenas se celebraban aquí, pero que hoxe xa está presente nos escaparates, nos colexios, nas redes… en todas partes.

E aínda que moitos pensan que é unha festa puramente comercial ou ‘importada’, o certo é que o comercio local pode sacarlle moito proveito, sobre todo en redes sociais.

Hoxe quero contarvos como aproveitar esta data para gañar visibilidade, atraer clientela e conectar co público dunha forma divertida e próxima.

Por qué Halloween é unha oportunidade para o comercio local

✔️ É unha data moi visual e emocional, perfecta para redes sociais: cores, disfraces, decoración, ambiente… todo invita a crear contido.
✔️ As persoas están máis receptivas: buscan ideas para festas, disfraces, receitas, decoración ou doces, e o comercio local pode darlles respostas.
✔️ Non fai falta vender disfraces ou cabazas para aproveitar o momento: calquera negocio pode adaptarse, dende unha perruquería ata unha libraría ou unha cafetería.
✔️ Ademais, permite amosar o lado máis divertido e humano do negocio, algo que conecta moito coa comunidade local.

Que pode facer o comercio local nas redes

1. Decorar as redes igual que o escaparate

✔️ Cambiar a imaxe de perfil ou a portada cun toque terrorífico.
✔️ Subir fotos ou vídeos da decoración do local.
✔️ Amosar o proceso nas stories: “Hoxe estamos transformando a tenda para Halloween!”.

2. Promocións temáticas

✔️ Descontos con nomes divertidos: “Rebaixas de medo”, “Ofertas que dan calafríos”.
✔️ Promocións por tempo limitado, por exemplo do 28 ao 31 de outubro.
✔️ Sorteos: “Comenta o teu disfraz favorito e participa no noso sorteo de Halloween”.

3. Contido participativo

✔️ Retos ou xogos para o público:
✔️ “Adiviña cantas lambetadas hai no tarro”.
✔️ “Ensínanos a túa decoración máis terrorífica”.
✔️ “Sobe o teu disfraz e etiqueta o noso negocio”.
✔️ Tamén se pode organizar un concurso infantil de disfraces ou debuxos, en colaboración con outros comercios da zona. Que xa moitos o fan no noso pobo.

4. Contido segundo o tipo de negocio

✔️ Cafetarías ou restaurantes: receitas especiais (tartas de cabaza, cafés decorados, postres temáticos).
✔️ Tendas de roupa: ideas para disfraces usando prendas dispoñibles na tenda.
✔️ Perruquerías e centros de estética: maquillaxes, peiteados ou manicuras de medo.
✔️ Papelerías ou librarías: libros de misterio, contos de medo ou manualidades para nenos.
✔️ Ximnasios, academias ou centros culturais: clases ou actividades temáticas con música, disfraces ou decoración.

Como potenciar a campaña

✔️ Planificar con antelación: comezar a publicar polo menos unha semana antes do 31 de outubro.
✔️ Usar hashtags locais: #HalloweenEnAEstrada #ComercioLocalDeMedo, #OutonoDeMedo, etc.
✔️ Apostar polos vídeos curtos: reels ou tiktoks con música e humor.
✔️ Involucrar ao equipo: subir vídeos ou stories do persoal disfrazado ou decorando a tenda.
✔️ Compartir o contido dos clientes: repostear as súas fotos ou stories se etiquetan o negocio.

Vantaxes para o comercio local

✔️ Máis visibilidade: aprovéitase un momento de moita actividade en redes.
✔️ Reforzo da marca: mostra que o negocio está vivo, actualizado e con bo humor.
✔️ Fidelización: crea vínculo emocional coa clientela e co barrio.
✔️ Aumento das vendas: sen necesidade de grandes descontos, estimula a compra por impulso.

Exemplos de campañas de éxito en redes sociais polo Halloween

1. Burger King – #ScaryClownNight

Burger King lanzou unha campaña na que ofrecía un Whopper gratis (ou algún outro incentivo) ás persoas que fosen disfrazadas de payaso no día de Halloween. Acompañárono con vídeos promocionais cheos de humor e pequenas bromas á competencia (especialmente a McDonald’s), o que xerou moitísima interacción e contido compartido en redes.

3. Heinz – “Tomato Blood Ketchup”

Heinz lanzou unha edición limitada do seu ketchup chamada Tomato Blood (“sangue de tomate”), cun envase decorado para Halloween. A campaña acompañouse con retos en TikTok e Instagram, onde se pedía ao público que creara vídeos de medo usando o produto.

En definitiva, Halloween é moito máis que disfraces e cabazas. É unha oportunidade para que o comercio local se amose creativo, próximo e con personalidade nas redes sociais.

Non fan falta grandes orzamentos, só imaxinación, ganas e un toque de humor. Ao final, o que máis conecta coa xente é ver que detrás do mostrador ou da pantalla hai persoas con ilusión.

Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Comments 
In Channel
loading
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño

HALLOWEEN E COMO O COMERCIO LOCAL PODE APROVEITALO NAS REDES SOCIAIS, por Lorena Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño