DiscoverÚltimas Noticias de Pontevedra | Onda Cero PontevedraLuis López manterá un encontro con responsables do Adif para desbloquear a Vía Verde entre Arcade e Pontevedra
Luis López manterá un encontro con responsables do Adif para desbloquear a Vía Verde entre Arcade e Pontevedra

Luis López manterá un encontro con responsables do Adif para desbloquear a Vía Verde entre Arcade e Pontevedra

Update: 2025-11-14
Share

Description

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, viaxará o vindeiro martes a Madrid para manter un encontro con responsables do ADIF para seguir avanzando na desafectación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do proxecto da Vía Verde entre Arcade e Pontevedra. “Acudimos a Madrid coa máxima disposición a colaborar, convencidos de que o Adif entenderá que estamos a unha oportunidade que Pontevedra merece e confiados en traer boas novas para esta provincia”, afirmou o mandatario provincial.

A conexión das localidades de Arcade e Pontevedra polo antigo trazado ferroviario a través dunha Vía Verde é un proxecto estratéxico para a provincia que a Deputación está a liderar. “Este é un proxecto prioritario para a Deputación”, remarcou o dirixente, quen lembrou que no orzamento do vindeiro ano 2026 está reservada unha partida de 100.000 euros para a redacción do proxecto.

“Encabezamos esta reclamación desde unha posición de provincia, de unidade política, institucional e social; declaramos publicamente a nosa intención de liderar o proxecto e participar no seu financiamento e, logo de saber a disposición do Ministerio para ceder as vías, solicitamos formalmente a posta a disposición dos terreos”, enumerou o presidente, quen demostrou o interese real do organismo provincial para facer realidade o proxecto canto antes facendo referencia á “contratación e adxudicación dun estudo de viabilidade á Fundación dos Ferrocarriles Españoles, unha das entidades con maior traxectoria na conversión de trazados en desuso en Vías Verdes”.

A apertura da senda entre Arcade e Pontevedra é un dos treitos nos que está a traballar a Deputación dentro dun proxecto global que busca conectar as cidades de Vigo e Vilagarcía a través dunha senda peonil polas antigas vías do tren.

Comments 
In Channel
loading
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

Luis López manterá un encontro con responsables do Adif para desbloquear a Vía Verde entre Arcade e Pontevedra

Luis López manterá un encontro con responsables do Adif para desbloquear a Vía Verde entre Arcade e Pontevedra

Susana, Pedreira