TARDEO INTERCULTURAL, dentro do programa Acción na noite. Falo con Laura Piso de Imaxina e Axuda.
Update: 2025-11-20
Description
Falo con Laura Piso, representante da Asociación Xuvenil Imaxina e Axuda, fálanos do TARDEO INTERCULTURAL dentro do proxecto “Acción na Noite”.
O Novo Mercado acolle este sábado un Tardeo Intercultural con música, gastronomía e xogos para todas as idades
O segundo andar do Novo Mercado da Estrada converterase este sábado nun punto de encontro para a convivencia e a diversidade cultural coa celebración do Tardeo Intercultural, unha nova proposta incluída no programa Acción na Noite, impulsado pola asociación Imaxina e Axuda co apoio da Deputación de Pontevedra e do Concello da Estrada.
A actividade desenvolverase de 19:00 a 22:00 horas e contará con entrada de balde.
O evento pretende ofrecer un espazo seguro, lúdico e participativo no que persoas de todas as idades poidan compartir música, gastronomía e xogos, promovendo así a integración e o coñecemento mutuo entre veciñanza e comunidade migrante.
A programación inclúe propostas destacadas, como un Trivial Intercultural con premios entre as 19:00 e as 20:00 horas, pensado para poñer en valor diferentes culturas e realidades a través dun xogo dinámico e participativo. Ademais, o público poderá gozar dunha variada oferta gastronómica con filloas caseiras, pratos venezolanos e outras elaboracións sorpresa preparadas para a ocasión.
No apartado musical, o Tardeo Intercultural contará coa actuación da cantautora Martha Wheat, que ofrecerá un concerto de 20:00 a 21:00 horas, e co dúo Xiramoress, que pechará o encontro entre as 21:00 e as 21:30 horas. Ambas propostas apostan por unha combinación de voces novas, talento local e sensibilidades diversas.
A organización destaca que se trata dunha actividade pensada para “crear comunidade, derrubar barreiras e favorecer o intercambio cultural nun ambiente próximo e accesible”. Así mesmo, lembran que ao longo da tarde tamén haberá xogos para todas as idades e espazos de convivencia informal.
Con esta iniciativa, Imaxina e Axuda continúa ampliando o seu labor social na Estrada, apostando por actividades que combinan ocio, formación e interculturalidade. O Tardeo Intercultural consolídase así como unha das propostas máis dinámicas do programa Acción na Noite.
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas

Comments
In Channel