DiscoverMARMODCAST
MARMODCAST
Author: MARMODCAST FJRS
Subscribed: 3Played: 1,984Subscribe
Share
© MMCfjrs
Description
BENVID@ A MARMODCAST. En cada episodio traemos contido relacionado co audiovisual, a música,
a interpretación...
En definitiva, o sector cultural. Se non temos cultura, non somos ninguén.
Presentado por Fran Rivas.
Marmodcast. O teu podcast!
a interpretación...
En definitiva, o sector cultural. Se non temos cultura, non somos ninguén.
Presentado por Fran Rivas.
Marmodcast. O teu podcast!
67 Episodes
Reverse
Moi boas! Nesta parte deste episodio especial do 3º aniversario temos de convidadas nesta ocasión a Mayka Vázquez, Recanteira da presente edición do programa Luar da TVG, coa que falamos ben sobre o paso polo concurso, a maiores doutras cousas relacionadas co seu traballo e vida diaria, ademais dalgunha anécdota graciosa e de pasalo moi ben coa presenza de La Pequeña Terremoto. Ata colleu a presentación do programa por uns minutos. Falamos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.Moitos parabéns e moitas grazas a todo aquel que participou ou/e tivo que ver con Marmodcast ó longo deste tempo.Por moito máis aqui!Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @sachoselfie, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual. Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS. Música por FJRS (Grabacións propias) NCS, Epidemic Sound e audionautix.com Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Novo Marmodcast no que facemos un repaso e recopilatorio polo mellor dos 65 episodios con cadanseus convidados neste o noso podcast con motivo do terceiro aniversario. Lembramos algúns dos mellores momentos entre eles a colaboración na primeira temporada de Noelia Porto. E na actualidade temos tamén ós noso colaborador, Jose Turvegal co seu '' Diario Turvegal '', facendo un comentario diferente ó habitual e explicounos en que consiste a campaña de nocortespinos.com, a raíz da que xurdiu a súa colaboración coa empresa Arlit.Por circunstancias varias esta semana non contamos con Andrés Romero (pero sí que está presente na recopilación dos mellores momentos dos convidados), e hai que mandarlle moito ánimo e unha gran aperta despois de que o seu amigo Coco nos deixara. Non é fácil, pero seguro que tirarás para adiante porque tés o apoio de toda a xente, aparte de que moitos deses amigos de todo tipo que estaban connosco non lles gustaría vernos así, (seino que é moi fácil dicilo, pero facelo...)Moitos parabéns e moitas grazas a todo aquel que participou ou/e tivo que ver con Marmodcast ó longo deste tempo.Por moito máis aqui! Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @sachoselfie, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual. Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS. Música por FJRS (Grabacións propias) NCS, Epidemic Sound e audionautix.com Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Novo Marmodcast no que falamos do Samaín (O Halloween en Galicia), dos Magostos, da actualidade (a raíz do acontecido co rapaz futbolista que saeu en medios que hai que aumentar a seguridade e a vixiancia nos lugares por onde transita a xente onde se collen variados medios de transporte) e do noso modo de vida que temos especialmente nos meses de Verán como son as orquestras dentro das verbenas e as festas. Como non, temos tamén ós nosos colaboradores, Jose Turvegal co seu '' Diario Turvegal '', facendo un repaso da axenda pasada nos últimos días de Outubro e do que vai a vir neste mes de Novembro, e de paso advertir de que hai que vivir día a día, desfrutando con moderación por se veñen malos tempos, aínda peor do que pode ser...Seguimos con Andrés Romero e a sección '' O Recunchiño '', onde falamos tamén de actualidade, e temas como o F.C. Barcelona - Real Madrid coparon parte da nosa conversa, aproveitando para dar a axenda futbolística para estes días nos que hai moitos partidos de fútbol e en xeral todos moi bos.Falamos dos Premios Princesa de Asturias deste ano, entregados hai uns días (xusto na mesma semana da xura da Constitución pola súa maioriía de idade) e dos Premios Ondas, e os seus premiados.Na entrevista e conversa está de connosco nesta ocasión, Nerea Cobas, Cantante e Recanteira na presente edición do programa Luar da TVG, coa que falamos ben sobre o paso polo concurso, a maiores doutras cousas relacionadas. Xogamos con ela e ata houbo sopresa...Pasámolo moi ben e recomendámosvos que o escoitedes para saber que pasou, e para coñecela mellor xunto con saber máis cousas dela dende outro punto de vista. Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @sachoselfie, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual. Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS. Música por FJRS (Grabacións propias) NCS, Epidemic Sound e audionautix.com Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Novo Marmodcast no que voltamos logo dunha ausencia alongada algo de máis e no que comezamos falando do Día Mundial da Saúde Mental (e facendo varias reivindicacións a propósito del) así como un descubrimento musical que vos comparto. Un descubrimento tremendo que fixen en medio do proceso de creación deste episodio o cal ten como protagonista ó noso galego. Como non, temos tamén ós nosos colaboradores, Jose Turvegal co seu '' Diario Turvegal '', facendo un repaso das Festas da época de Verán que quedan neste mes de Outubro, e de paso animarnos a que saiamos porque por Galicia adiante sobra que facer.Seguimos con Andrés Romero e a sección '' O Recunchiño '', onde nos explicou que esta semana non puido estar con nós pero non quixo perder a oportunidade de estar connosco como toca, aínda que, dun xeito diferente.Comentamos a estrea dunha nova edición de Operación Triunfo o próximo 20 de Novembro, a axenda festeira para os próximos días e para rematar unhas novas curiosas e dende un aspecto positivo, dende que España, Portugal e Marrocos (xunto con Arxentina, Paraguai e Uruguai que albergarán un partido inaugural - de homenaxe polo centenario do primeiro Mundial) rematando por que A UE decide eliminar os microplásticos engadidos adicionalmente a determinados produtos, e a controversia que xerou xa que por exemplo a purpurina podería ter que deixarse de comercializar.Na entrevista e conversa están de convidadas nesta ocasión, Xela Burgué e Paula Meda, Recanteiras na presente edición do programa Luar da TVG, coas que falamos ben sobre o paso polo concurso, a maiores doutras cousas relacionadas co programa ben interesante. Pasámolo moi ben e recomendámosvos que o escoitedes para saber que pasou nunha sorpresa que lles demos a ambas, e para coñecelas mellor xunto con saber máis cousas delas dende outro punto de vista. Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @sachoselfie, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual. Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS. Música por FJRS (Grabacións propias) NCS, Epidemic Sound e audionautix.com Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Volta Marmodcast na que é xa a súa 4ª temporada e volven tamén os nosos colaboradores, Jose Turvegal co seu '' Diario Turvegal '', facendo un repaso do que fixo neste tempo estival e do que lle agarda neste mes de Setembro, e xa ollando algo máis adiante neste comezo de Curso.Seguimos con Andrés Romero e a súa sección renovada de '' O Recunchiño '', onde explicamos algún que outro cambio que se lle vai dar á propia sección así como contar de ambos que tal foi o Verán.Comentamos novas de actualidade entre elas a novidade que introduce o Congreso dos Deputados nesta lexislatura de poder empregar as linguas cooficiais de España, xunto con obviamente o castelán e a polémica relacionada.Na entrevista e conversa estrenámonos coa Pedagoga e Cantante Miriam Agraso. Concursante de A Liga dos Cantantes Extraordinarios na TVG neste 2023, falamos ben da súa experiencia no programa, en concursos previos como Cover Night en TVE, ou na propia canle autonómica o Quen Canta Aquí ou Recantos dentro do Luar.Falaremos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista. Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @sachoselfie, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual. Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS. Música por FJRS (Grabacións propias) NCS, Epidemic Sound e audionautix.com Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Toca o derradeiro Marmodcast da temporada en curso e temos a Jose Turvegal co seu último '' Diario Turvegal '', cun novo comentario sobre o final da temporada, o seu kiosko e máis festas ás que vai acudir este Verán.Seguimos coa última entrega de Andrés Romero coa súa sección de '' O Recunchiño '', onde pechamos por todo o alto xogando, un concurso sobre a serie da Televisión de Galicia, '' Saudade de Ti ''Na entrevista e conversa temos de convidado ó cantante Daniel Gigirey. Ex futbolista profesional, parte da Orquesta Principal xunto a Carlota Allo, Ara Nieto e Senén Pérez.Participante na Liga dos Cantantes Extraordinarios.Falaremos con el sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Toca novo en Marmodcast e temos a Jose Turvegal e o seu '' Diario Turvegal '', cun novo comentario sobre a Festa da Sementeira, a das Nove Olas, ademais de ter a vista posta nas Eleccións Municipais e Autonómicas do 28 de Maio, das que falamos brevemente tamén.Seguimos cunha nova entrega de Andrés Romero coa sección de '' O Recunchiño '', onde falamos da axenda festeira da semana xunto cos nosos grupos musicais galegos. Tamén pasamos un bo cacho co xogo do... Higher and Lower, Más o Menos, un dos máis famosos, (valga a redundancia), no último tempo.Na entrevista e conversa temos de convidada á músico e cantante, Gloria Cespón. Estudante de frauta no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira, así mesmo é parte da Banda de Música de Rianxo, toca a gaita na Banda de Gaitas Suevia e tamén desfrutamos dela en Óscar Ibáñez & Tribo.Participante en Recantos dentro do programa Luar.Falaremos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Por fin esta semana volvemos en Marmodcast e temos a Jose Turvegal e o seu '' Diario Turvegal '', cun novo comentario no que como dicimos a xente nova, está un pouco '' de tranquis ''. Seguimos cunha nova entrega de Andrés Romero coa sección de '' O Recunchiño '', divertido e entretido, onde falamos sobre o Festival de Eurovisión deste ano 2023 e repasamos os 37 participantes que haberá entre os días 9, 11 e 13 de Maio, que este ano será en Liverpool, aínda que en 2022 como todos saben gañou Ucraína.Tamén fixemos un concurso de sons '' Da nosa vida '', comezamos na grabación do podcast pero invitamos á audiencia a que '' xogue '' a ver se os adiviña tamén e rememore eses tempos, e así tamén reflexionar..Na entrevista e conversa temos de convidada ó mestre de Lingua Galega no Luar, Anxo Guerra.Profesor ó longo de moitos anos no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Participa regularmente no programa da TVG onde a súa Clase é o momento para falar dunha palabra ou dunha determinada temática de xeito amplo, apoiado nun mini cuestionario. Todo en conxunto dende un punto de vista lingüístico, educativo, de entretemento e ata divertido!!Falaremos con el sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos a Jose Turvegal e o seu '' Diario Turvegal '', cun novo comentario. Seguimos cunha nova entrega de Andrés Romero coa sección de '' O Recunchiño '', divertido e entretido coma sempre, onde falamos sobre a Gala e o Palmarés dos Premios Mestre Mateo así como dos Óscars, tamén unha pincelada de actualidade. Un breve paso pola experiencia de Andrés no programa Quen Anda Aí? da TVG, e como non de Recantos, dentro do Luar. Anunciamos oficialmente para todo o mundo o Concerto dos Recanteiros do Luar o Sábado 15 de Abril no Auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira, Silleda, onde van estar: Arián, Oliver Insua, Isabel Barría, Izar Rodríguez, Moisés Cerezo, Mar Brey, Lucía García, Daniella Castro, Gloria Cespón, tamén Nerea Brecht, e coa actuación estelar, máis a presentación do evento a cargo do Ex Recanteiro, dende Silledao gran Mixel Lorenzo!Audiovisualmente falando comentamos máis contidos que ten a produtora audiovisual galega Voz Audiovisual, coas series '' Urxencia Cero '' (e o seu spin-off '' Tac ''),'' O Final do Camiño '', '' Nada É Para Sempre'','' A Estiba '', '' Néboa '', '' As Leis de Celavella '','' A Miña Sogra e Mais Eu '', '' A Vida Por Diante ''e por último '' Terra de Miranda ''.Así como as recomendacións de Andrés nas que salientamos a serie '' Cuarto Sen Ascensor '', a película'' Matria '' e o podcast '' El Cuarto De Los ratones '', dirixido por Carlos Tresandí e presentado por Pablo Sangiao.Na entrevista e conversa temos de convidada á actriz, directora e pedagoga Mariana Carballal.Unha gran figura do audiovisual galego, fíxose moi popular a raíz da súa participación en '' Os Tonechos ''. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (A ESAD de Galicia), situada en Vigo. Precisamente cando se publica este podcast, o día 23 de Marzo é galardoada xunto a María Castro como Viguesa Distinguida, pola súa traxectoria no mundo Audiovisual e o da Interpretación, así como o seutraballo e a defensa do Feminismo.Falaremos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Podgalego. Plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos o primeiro Diario Turvegal, o pequeno espazo de Jose Turvegal. Así como unha nova entrega de Andrés Romero coa sección de '' O Recunchiño '', moi divertido todo, onde falamos sobre a estrea de Motel Valkirias da Produtora CTV. Un breve paso por Recantos, dentro do Luar así como o máis destacado da axenda e actualidade da semana. Audiovisualmente falando comentamos os contidos que ten a produtora audiovisual galega Voz Audiovisual, co programa Atrápame se podes (emitido na TVG), as series '' Mareas Vivas '','' Matalobos '', '' Viradeira'', '' A Estiba '', '' Serramoura '',''A Lei de Santos, '', '' Chapa e pintura '' e '' Saudade de Ti ''.Así como as recomendacións de Andrés nas que salientamos a película onde é protagonista Tom Hanks, chamada '' A milla verde '', e a canle de Twitch do propio Andrés Romero, onde de vez en cando fai algún directo, cociñando ou simplemente parolando.Na entrevista e conversa a convidada é María Barral, ata hai pouco membro da Verbena de Galicia, representante das Terras deA Coruña no concurso de Recantos no Luar.Onde en nada volverá cantar xa nesta terceira fase do concurso na que estamos, onde busca seguir avanzando echegar máis adiante, neste caso á cuarta fase.Falaremos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos a volta do que fora convidado na primeira temporada, o gran Jose Turvegal, que volve para aparecer de novo esporádicamente no programa. E como non, un programa especial sobre os Premios Mestre Mateo 2023, da Academia Galega do Audiovisual. Onde comentamos a lista de Nominad@s, ademais doutras novas de actualidade dos últimos días.A continuación qúedavos a lista coas categorías oficial de nominación, que aparecen na páxina webpremiosmestremateo.gal e que comentamos en detalle:Mellor anuncio publicitarioMellor curtametraxeMellor curtametraxe de animaciónMellor documentalMellor longametraxeMellor longametraxe de animaciónMellor programaMellor serie de TVMellor serie webMellor videoclipMellor comunicador/-aMellor direcciónMellor dirección de arteMellor dirección de fotografíaMellor dirección de produciónMellor guiónMellor interpretación feminina de repartoMellor interpretación feminina protagonistaMellor interpretación masculina de repartoMellor interpretación masculina protagonistaMellor maquillaxe e perruqueríaMellor montaxeMellor música orixinalMellor realizaciónMellor sonMellor vestiario.Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos unha nova entrega de Andrés Romero coa sección de'' O Recunchiño '', na que falamos sobre o máis destacado da actualidade deste mes, o Benidorm Fest, a Pre-selección de España para Eurovisión neste ano e que vai ser en nada. Un breve paso por Recantos, dentro do Luar. Audiovisualmente falando comentamos os contidos que ten a produtora audiovisual galega CTV, con programas entre eles LandRóber e Bamboleo, así como Luar que non pertence de todo á produtora mencionada, aínda que se fai no mesmo edificio, o Plató 1000 en Cacheiras, Teo (o Luar prodúceo a CRTVG), a serie '' Air Galicia '', o programa '' Desexos Cumpridos '', prsentado por Lucía Rodríguez, a serie'' Dalia a modista '' e '' O Sabor das Margaridas '' así como as recomendacións de Andrés nas que salientamos a serie '' Serramoura '', a canle de Twitch e YouTube de Carla Scarpenti co programa '' Quen Contaba!? '', e o videoclip e canción '' Xunto a Ti '' de Roi Casal.Na entrevista e conversa o convidada é Moisés Cerezo, de Mos, traballador do sector da automoción, percusionista e cantante, representante de Vigo no concurso de Recantos no Luar.Do que en nada saberemos se continúa ou non no concurso, xa anteriormente de ter actuado tanto na 1ª como na 2ª fase.Falaremos con el sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Feliz Ano Novo 2023! Despois do Nadal voltamos e toca facelo esta semana en Marmodcast onde temos unha nova entrega de Andrés Romero coa sección '' O Recunchiño '', na que anunciamos a data da Gala dos Mestre Mateo deste ano, xunto con que ata o 30 de Xaneiro están as votacións activas para elexir ós galardoados, isto polos Académicos da Academia Galega do Audiovisual. Un breve paso por Recantos, dentro do Luar e como non o máis destacado da axenda desta semana. Audiovisualmente falando comentamos máis de Radio Galega Podcast, onde temos os podcast '' Galicia Emerxe '', ''Tres Peixes Voando'', '' Morra o conto '', '' 21 días co galego '', '' Notas de Jazz '', '' A Lista Negra '', '' Pasarse da raia '', '' Superando a ficción '' e '' Diario Cultural Zeta '' así como as recomendacións de Andrés nas que salientamos a serie '' Matalobos '', a película '' A Esmorga '', e a canción '' Lisístrata '', co retrouso de '' Varre Vasoira '' de Fillas de Cassandra.Na entrevista e conversa a convidada é Lucía Rodríguez, presentadora e xornalista de Castro Caldelas, Licenciada pola Universidade de Salamanca, traballou en numerosos medios de comunicación a nivel nacional como Cazavisión, Veo 7, Telemadrid, Atresmedia, e a nivel autonómico o groso da súa carreira desenvolveuna na Televisión de Galicia, presentando programas como '' Desexos Cumpridos '', '' Aquí Galicia '', '' Adiviña quen vén esta tarde '', '' Que nos pille rebolando '', '' Comando G '' (Onde foi concursante) e '' Sabadeando ''. Actualmente segue coa súa labor audiovisual dende a Axencia de Comunicación Smile and Onfire Comunicación, (abreviada como SOC), algo que compaxina con presentar galas e eventos.Falaremos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast, xa en pleno Nadal e un pouco despois do habitual, temos unha nova entrega de Andrés Romero coa sección onde falamos do debut de Andrés como actor xunto co Día da Lotaría de Nadal deste ano, unha crítica a RTVE polo Mundial, un breve paso por Recantos, dentro do Luar e como non o máis destacado da axenda desta semana. Audiovisualmente falando comentamos varios podcast de Radio Galega Podcast entre eles Enfermeira Saturada e Un Ollo de Vidro. Lembramos ós nosos maiores nestas datas especiais, especialmente quenes viven en soidade e que precisan de cariño e compañía. As recomendacións de Andrés nas que salientamos a serie '' Pazo de Familia '' na que se estreou como actriz Beatriz Serén, e na que participaron outros actores como Luis Iglesia e a película '' O corpo aberto '' e '' As bestas '', de estrea dentro do mundo do cine.Na entrevista e conversa o convidado é Izar Rodríguez, cantante, que está actualmente representando a O Bierzo en Recantos no Luar da CRTVG. Apaixoado da arte, é fan de artistas como Rosalía, e gústalle moito o mundo da moda. Estuda Produción Audiovisual en Ponferrada. Falaremos con el sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista, pechando o 2022, agardando que o 2023 sexa marabilloso, desexar...Feliz Ano Novo e Bo Nadal!Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos unha nova entrega de Andrés Romero coa sección '' O Recunchiño '', na que falamos sobre o 25N Día Internacional en contra da Violencia de Xénero, o último EXM do 2022, no que saberase que pasa sobre todo nas audiencias dos programas das radios máis importantes de España, e como non, de Galicia. Un breve paso por Recantos, dentro do Luar e como non o máis destacado da axenda desta semana. Audiovisualmente falando comentamos os contidos da semana da programación da Radio Galega, así como as recomendacións de Andrés nas que salientamos a serie '' Era Visto '' e '' Os Mariachi '', con protagonistas como Federico Pérez, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Xosé Antonio Touriñán, Víctor Fábregas e Manuel Manquiña do máis destacado. Tamén temos a película '' Os Fenómenos '', o espazo do Corazón, sobre as 12h30 os Venres, no que presenta Rosa Portela dentro de EsRadio Galicia e para rematar '' Palco de Estrelas '' o programa das Verbenas e das Orquestas, presentado por Daniel Seijas, tamén os Venres a partir da 01h00 en Radio Valga, e Sí Radio Galicia xunto a outros medios tradicionais e modernos, xa que é posible escoitalo tamén por Internet en todo o mundo en directo, e a comezo da semana en formato podcast en Ivoox. Na entrevista e conversa a convidada é Sarai López, cantante, que está actualmente representando ás Terras de Lugo en Recantos no Luar da CRTVG. Tamén coñecerémola como estudante, así como o terreo algo máis persoal, dicir que está ligada ó mundo da gandaría, algo que puidemos coñercer grazas ó xogo do Identity que fan no programa. En nada actuará de novo buscando seguir outra fase máis dentro do concurso, e hai que salientar que é das súas primeiras entrevistas, así que, que mellor que facelo xusto no aniversario de Marmodcast! Falaremos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista. Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual. Facebook nos perfís de Andrés Romero Gallego e Fran RS. music by audionautix.com Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido! E estade atentos cada semana ó novo episodio. Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos de novo a Andrés Romero coa sección '' O Recunchiño '', na que falamos sobre os galardoados co Premio Antena de Ouro, a axenda semanal sobre eventos, concertos e espectáculos, cando ímonos achegando ó Nadal pouco a pouco. Audiovisualmente falando comentamos as novidades da programación da CRTVG, a súa Semana da Infancia así como as recomendacións de Andrés nas que salientamos a Brais Doval, na súa faceta de streamer e informador, e máis que poderedes escoitar no comezo.Na entrevista e conversa o convidado é Damián Rodríguez B., máis coñecido no mundo da Festa como DJ Rokiño, o cal está rachando o panorama musical coa súa canción propia '' Na Llama ''. Tamén coñeceremos a súa faceta deportiva, xa que é Técnico en Actividades Físicas e Deportivas, e fixo os seus pinitos no mundo do fútbol. Isto xunto coa educación, xa que hai pouco graduouse en Educación Infantil. Falaremos con el sobre estas cousas e máis, todo en conxunto para coñecer e saber máis cousas del dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos enInstagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos de novo a Andrés Romero coa sección '' O Recunchiño '', na que falamos sobre Los40 Music Awards, o seu cartel e nominados, os Premios Princesa de Asturias e o seu palmarés, ademais do Benidorm Fest, o proceso de selección de España para Eurovisión no próximo ano, e do que xa sabemos os seus participantes ademais da canción que cantarán. Audiovisualmente falando toca falar da programación da TVG pola noite de Luns a Venres, a volta do Como Que Non? Á Radio Galega, as recomendacións de Andrés e máis que poderedes escoitar no comezo.Pola entrevista e conversa pásase Nerea Brecht, que vén a Marmodcast para falarnos da súa profesión de actriz(é licenciada en Arte Dramático) ademais de cantante. Salientar a experiencia que está tendo, representando a O Miño no concurso e sección de Recantos no Luar.Falaremos con ela un pouco sobre estas cousas e máis, o mundo da arte que no seu caso engloba á interpretación e a arte, xunto co musical.Todo en conxunto así como coñecer e saber cousas dela, dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos enInstagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast chega de novo Andrés Romero coa sección '' O Recunchiño '', na que en cada episodio ímosvos achegar o máis destacado do mundo cultural e audiovisual de Galicia. Falaremos entre outras cousas da programación da Televisión de Galicia de Luns a Venres e na maior parte do día, dende a mañá á noite. Non só o que está escrito poderedes escoitar neste novo episodio, xa que, se existe algún Premio Ondas do Podcast ou algo do estilo, se fai falta presentamos candidatura porque outra cousa non pero humor ides comprobar que temos e non pouco!Pásase pola entrevista e conversa Tamara Piñeiro, que vén a Marmodcast para falar da experiencia que está tendo, representando ás Terras de Compostela no concurso e sección de Recantos no Luar. Non só dende o punto de vista musical e artísico, tamén falaremos con ela sobre outros temas co obxectivo de saber máis cousas e así coñecela dende outro punto de vista.Lembrade seguirnos enInstagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana voltamos e abrimos tempada en Marmodcast con novidades, ademais da banda sonora, chega como colaborador Andrés Romero coa sección '' O Recunchiño '', na que en cada episodio ímosvos achegar o máis destacado do mundo cultural e audiovisual (espectáculos, eventos, concertos, festivais, a programación da CRTVG, outras plataformas...).O Patreon que falamos no podcast está aínda en construcción, en nada informaremos como acceder e así poder estar máis préto de nós.Abrimos entrevista e conversa con Sara Meijide e Alex Gato, de Radio Lugo Cadena SER, que veñen a Marmodcast para falar da súa labor na emisora tanto a nivel local en programas como Hoy por Hoy Lugo ou SER Deportivos, a diario, así como a nivel nacional en Carrusel Deportivo e '' El Taburete '', en directo en Twitch habitualmente o Luns - Martes sobre as 21h00, dispoñible tamén despois en YouTube así como no resto das redes sociais da Cadena SER onde pódese recuperar o mellor deste programa.Lembrade seguirnos enInstagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de AndrésRomero Gallego e Fran RS.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Moi boas! Esta semana pechamos tempada en Marmodcast, e facémolo falando con Jennifer Cambón e Miki Fernández, Recanteiros do Luar da TVG nesta tempada polas Terras de Ordes e Noia - Barbanza respectivamente, con eles falamos de como está sendo a experiencia no persoal e no profesional, facemos balance, falamos moito sobre ela así como máis contidos sorpresa que poderedes escoitar neste episodio especial. A todos e todas por estar e seguir aí ó longo desta tempada, agardamos que o desfrutarades todo o que por aquí e en máis sitios fomos facendo ó longo de todo este ano... Moitas grazas!Lembrade seguirnos enInstagram en @marmodcast.podcast, @soy_franfjrs_oficial, e en @fjrs_audiovisual.Facebook nos perfís de Fran RS e Rs Fjuno.music by audionautix.comEste Podcast está subido a Castbox, a Mumbler e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!E estade atentos cada semana ó novo episodio.Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
Comments
Top Podcasts
The Best New Comedy Podcast Right Now – June 2024The Best News Podcast Right Now – June 2024The Best New Business Podcast Right Now – June 2024The Best New Sports Podcast Right Now – June 2024The Best New True Crime Podcast Right Now – June 2024The Best New Joe Rogan Experience Podcast Right Now – June 20The Best New Dan Bongino Show Podcast Right Now – June 20The Best New Mark Levin Podcast – June 2024
United States