MARMODCAST Episodio 60 // Anxo Guerra (27-04-2023)
Description
Moi boas! Por fin esta semana volvemos en Marmodcast e temos a Jose Turvegal e o seu '' Diario Turvegal '', cun novo comentario no que como dicimos a xente nova, está un pouco '' de tranquis ''.
Seguimos cunha nova entrega de Andrés Romero coa sección de '' O Recunchiño '', divertido e entretido, onde falamos sobre o Festival de Eurovisión deste ano 2023 e repasamos os 37 participantes que haberá entre os días 9, 11 e 13 de Maio, que este ano será en Liverpool, aínda que en 2022 como todos saben gañou Ucraína.
Tamén fixemos un concurso de sons '' Da nosa vida '', comezamos na grabación do podcast pero invitamos á audiencia a que '' xogue '' a ver se os adiviña tamén e rememore eses tempos, e así tamén reflexionar..
Na entrevista e conversa temos de convidada ó mestre de Lingua Galega no Luar, Anxo Guerra.
Profesor ó longo de moitos anos no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Participa regularmente no programa da TVG onde a súa Clase é o momento para falar dunha palabra ou dunha determinada temática de xeito amplo, apoiado nun mini cuestionario.
Todo en conxunto dende un punto de vista lingüístico, educativo, de entretemento e ata divertido!!
Falaremos con el sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.
Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.
Facebook nos perfís de Andrés
Romero Gallego e Fran RS.
music by audionautix.com
Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Ivoox xunto con Podgalego. As plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.
Animámosvos a aventurarvos e crear contido!
E estade atentos cada semana ó novo episodio.
Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!