DiscoverÚltimas Noticias de Pontevedra | Onda Cero PontevedraA doenza e a súa curación no tempo: temática elixida para as XXIV Xornadas Blanco Freijeiro
A doenza e a súa curación no tempo: temática elixida para as XXIV Xornadas Blanco Freijeiro

A doenza e a súa curación no tempo: temática elixida para as XXIV Xornadas Blanco Freijeiro

Update: 2025-11-20
Share

Description

As Xornadas Blanco Freijeiro volverán do 24 ao 28 de novembro á Biblioteca Municipal para seguir explorando quen somos a través da arte, a arqueoloxía e a historia. Esta nova edición foi presentada pola concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, e o sobriño do célebre historiador e arqueólogo marinense, Gonzalo Sancho.

Desta vez, a temática escollida será a doenza e a súa curación, tratándoa desde unha perspectiva histórica que permita comprender os avances da medicina e as enfermidades que tiveron que enfrontar as sociedades que nos precederon.

Tamén se falará da coexistencia da medicina oficial e a popular, que no medio rural mestura médicos, bruxas ou relixión. E por suposto a doenza debe tratarse non só no plano físico, senón tamén no mental, onde a cultura resulta clave para a

valoración social do enfermo.

Tal e como expresou a concelleira,, “estas xornadas evidencian algo moi importante nos tempos que corren: que segue a haber interese polo estudo e a análise, pola búsqueda de respostas e polo aumento do coñecemento, porque sempre son un éxito e estou segura que así e revalidará, cun tema que ten un interese practicamente transversal a calquera ser humano”.

As inscricións xa están abertas a través do mail: xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com

Comments 
In Channel
loading
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

A doenza e a súa curación no tempo: temática elixida para as XXIV Xornadas Blanco Freijeiro

A doenza e a súa curación no tempo: temática elixida para as XXIV Xornadas Blanco Freijeiro

redaccion