DiscoverÚltimas Noticias de Pontevedra | Onda Cero PontevedraLópez acorda co Adif a cesión do treito ferroviario entre Pontevedra e Arcade para a súa conversión en Vía Verde
López acorda co Adif a cesión do treito ferroviario entre Pontevedra e Arcade para a súa conversión en Vía Verde

López acorda co Adif a cesión do treito ferroviario entre Pontevedra e Arcade para a súa conversión en Vía Verde

Update: 2025-11-18
Share

Description

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de acordar nun encontro con responsables do Adif o inicio do procedemento para a cesión do treito ferroviario en desuso entre Pontevedra e Arcade para a súa conversión en Vía Verde. Un avance selado nun encontro de traballo celebrado nesta mañá martes en Madrid entre o mandatario provincial e responsables do Administrador Ferroviario, e que tivo como resultado comezar de xeito inminente a tramitación para lograr unha concesión administrativa durante dez anos do trazado, para que pase a ser xestionado pola Deputación. “É unha nova que a provincia levaba anos agardando”, afirma López, quen celebra o ambiente de colaboración por parte do Adif para avanzar “nun proxecto estratéxico para a provincia”.

Así, o presidente manifestou o interese da Deputación provincial á hora de encabezar o proxecto, o consenso institucional, social e político na zona e a man tendida do goberno provincial para avanzar en todas as fases do proxecto. No encontro no que estivo presente o director de Patrimonio e Urbanismo do Adif, Alfredo Cabello; o xefe de Área e Apoio Técnico, Jaime Martínez; e o subdirector de Análise e Seguemento de Proxectos, Raúl Lanzarote; o Adif puxo a disposición da Deputación iniciar de xeito inminente os trámites para acadar unha concesión administrativa das vías en desuso por dez anos e pechar os termos da colaboración entre as institucións encamiñado a avanzar na futura Vía Verde.

Prioridade para a Deputación

A conexión das localidades de Arcade e Pontevedra polo antigo trazado ferroviario a través dunha Vía Verde é un dos grandes obxectivos da Deputación a nivel provincia e un obxectivo que o goberno de Luis López está a liderar. Ademais de contratar á Fundación Ferrocarriles Españoles, os maiores expertos a nivel nacional para o impulso de Vías Verdes, un estudo de factibilidade deste trazado, a Deputación ten reservado no orzamento do vindeiro ano unha partida de 100.000 euros para a redacción do proxecto.

Neste sentido, Luis López fixo fincapé na importancia da cooperación e a unidade para desbloquear un “proxecto complexo” que require da colaboración entre administracións. De feito, o mandatario provincial quixo valorar a boa disposición do Ministerio para liberar o trazado dentro do marco planificación ferroviaria estatal.

A apertura da senda entre Arcade e Pontevedra é un dos treitos nos que está a traballar a Deputación dentro dun proxecto global que busca conectar as cidades de Vigo e Vilagarcía a través dunha senda peonil polas antigas vías do tren.

Comments 
In Channel
loading
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

López acorda co Adif a cesión do treito ferroviario entre Pontevedra e Arcade para a súa conversión en Vía Verde

López acorda co Adif a cesión do treito ferroviario entre Pontevedra e Arcade para a súa conversión en Vía Verde

Susana, Pedreira