Galiportus T3X05 / Actualidade- As feiras dos Santos, onte, hoxe e mañá
Update: 2025-11-18
Description
Xa tocaba no Galiportus falarmos de feiras e de gando, nunha Eurorrexión marcada históricamente polas trocas, os mercados e unha economía sustentada polo traballo agrario e gandeiro. Aproveitamos a chegada de novembro e da festividade de Todos os Santos para unir Chaves (Trás-os-Montes/Pt) e Monterroso (Lugo-Gz), duas vilas con séculos de tradición neste sector. Falamos en primeiro lugar co Vítor Pimentel, presidente da ACISAT (Associação de Empresários do Alto Tâmega) e organizador "dos Santos" na cidade romana que fai parte da Eurorrexión Chaves-Verín. Co noso convidado comentamos todo sobre os eventos e cartaz deste ano, nunha das maiores "feiras de rúa" do país, sempre a recibir unha chea de xente do lado "de lá". Tamén conversamos co alcalde de Monterroso, Eloy Pérez (PP), con quen lembramos unha das maiores feiras galegas, escaparate de produtos do país, datada xa do século XIII, e a camiño de ser declarada Festa de Interese Turístico Estatal. Este ano, sen gando, polo medo aos contaxios pola dermatose modular contaxiosa (DNC); aínda así, entre 20 e 30 mil persoas achegáronse a esta vila do interior gandeiro galego. Aos dous entrevistados preguntámoslle pola relación que este tipo de eventos teñen coa xente máis nova... e cal será o seu futuro? A música final é da Guadi Galego, unha homenaxe a esta feira: "Se ti viras..."
Comments
In Channel























