MARMODCAST Episodio 58 // María Barral (02-03-2023)
Description
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos o primeiro
Diario Turvegal, o pequeno espazo de Jose Turvegal. Así como unha nova entrega de Andrés Romero coa sección de
'' O Recunchiño '', moi divertido todo, onde falamos sobre a estrea de Motel Valkirias da Produtora CTV. Un breve paso por Recantos, dentro do Luar así como o máis destacado da axenda e actualidade da semana. Audiovisualmente falando comentamos os contidos que ten a produtora audiovisual galega Voz Audiovisual, co programa Atrápame se podes (emitido na TVG), as series '' Mareas Vivas '',
'' Matalobos '', '' Viradeira'', '' A Estiba '', '' Serramoura '',
''A Lei de Santos, '', '' Chapa e pintura '' e '' Saudade de Ti ''.
Así como as recomendacións de Andrés nas que salientamos a película onde é protagonista Tom Hanks, chamada '' A milla verde '', e a canle de Twitch do propio Andrés Romero, onde de vez en cando fai algún directo, cociñando ou simplemente parolando.
Na entrevista e conversa a convidada é María Barral, ata hai pouco membro da Verbena de Galicia, representante das Terras de
A Coruña no concurso de Recantos no Luar.
Onde en nada volverá cantar xa nesta terceira fase do concurso na que estamos, onde busca seguir avanzando e
chegar máis adiante, neste caso á cuarta fase.
Falaremos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.
Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.
Facebook nos perfís de Andrés
Romero Gallego e Fran RS.
music by audionautix.com
Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir. Animámosvos a aventurarvos e crear contido!
E estade atentos cada semana ó novo episodio.
Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!