DiscoverSalta da CamaPelis de espada e bruxería con Richi Terceiro e Pedro Pérez
Pelis de espada e bruxería con Richi Terceiro e Pedro Pérez

Pelis de espada e bruxería con Richi Terceiro e Pedro Pérez

Update: 2025-11-21
Share

Description

#CineTv Pedro Pérez acheganos novidades e curiosidades de cine e tv. Imos contigo ás salas de cine e á pequena pantalla para contarche as novidade, curiosidades do cine, recomendacións e críticas que che axudan a escoller que ver. Un espazo pensado tanto para amantes do cine coma para os que buscan unha guía clara e próxima á hora de decidir que película ou serie disfrutar.

Neste episodio especial mergullámonos no universo salvaxe, máxico e desbordante das peliñas de Espada e Bruxería. Unha viaxe única na que Pedro Pérez e Richie Terceiro repasan, con humor, paixón cinéfila e un chisco de retranca, algúns dos títulos máis icónicos do xénero.

Desde a forza primitiva de Conan, pasando polo delirio kitsch de Deathstalker, o romanticismo maldito de Lady Halcón ou a fantasía clásica de Willow, ata chegar ao espírito rolero de Dragóns e Mazmorras. E si, tamén falamos das pontes inesperadas que conectan todo isto coa épica galáctica de Star Wars. Para rematar, unha parada inevitable nun conto perfecto: A Princesa Prometida.

Un percorrido por mundos imposibles, criaturas lendarias, feitizos, espadas e moita nostalxia.

️ Conan o Bárbaro (1982)

O clásico absoluto do xénero. Arnold Schwarzenegger convértese no guerreiro definitivo nun mundo brutal, deuses vingativos e batallas lendarias. Estética épica e música inesquecible de Basil Poledouris.

⚔️ Deathstalker (1983)

Serie B pura e dura. Aventuras, feitizos, combates imposibles e un heroe que non encaixa en ningunha norma. Un guilty pleasure que define o espírito máis salvaxe do xénero.

Lady Halcón (1985)

Unha historia de amor condenada por unha maldición. Cabaleiros, maxia, aventura e unha das parellas máis recordadas do cine fantástico. Un clásico romántico con toque medieval.

Dragóns e Mazmorras (2000)

Baseada no famoso xogo de rol. Mazmorras, dragóns, feiticeiros e moito espírito rolero. Un filme imperfecto pero cheo de imaxinario fantástico.

Star Wars (1977)

Non é espada e bruxería medieval… pero si espada e bruxería galáctica. O arquétipo do heroe, o mestre, a forz… e unha aventura que redefine o mito moderno. Unha ponte perfecta entre fantasía e ciencia ficción.

✨ Willow (1988)

Feitizos, criaturas máxicas, humor e un elfo que non é elfo. Producción de George Lucas e maxia por todos lados. Un favorito xeracional.

A Princesa Prometida (1987)

Esgrima perfecta, humor, aventura, romance e frases míticas. Un conto de fadas irrepetible e un dos filmes máis queridos da historia.

Máis Información PEDRO PÉREZ:

✔️Web: http://www.panic.aestrada.gal/

✔️Instagram: https://www.instagram.com/panicaestrada/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
Comments 
In Channel
loading
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

Pelis de espada e bruxería con Richi Terceiro e Pedro Pérez

Pelis de espada e bruxería con Richi Terceiro e Pedro Pérez