OurenSmart
Description
No “Ourense oficial” seguimos presentando modelos de smart para o noso territorio, e recollendo premios que nos auto-otorgamos para podermos encher con máis selfies/selfish as nosas redes sociais ao tempo que pregoamos aos 4 ventos que somos unha cidade e unha provincia intelixente.
Agardamos, por enésima vez (somos así de pacientes e confiados, talvez intoxicados por un exceso de radón) que os futuros gobernos de Ourense saiban desprenderse do elefante que os aprisiona e aposten polos seus recursos e pola revitalización dos seus territorios. Poida que así non precisemos tantas marcas ridículas para aparentar que facemos algo, mentres imos vendo como a provincia se funde ao ritmo da orquestra que non deixa de tocar.
Se queres, podes ler o artigo no blog: https://loispardo.wordpress.com/2019/07/03/ourensmart/