AROUSA NOTICIAS 08 10 25
Update: 2025-10-08
Description
As excavacións arqueolóxicas que o Concello de Vilagarcía está a realizar no Castro Alobre quedarán rematadas a vindeira semana, segundo as estimacións dos responsables da empresa A Citania, encargada dos traballos.
Vilagarcía recibirá esta tarde a visita do xurado do concurso ‘Vilas en Flor’, o certame que premia a mellora e potenciación paisaxística dos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes.
O Grove e a Xunta abordaron esta mañá o proxecto de humanización da rúa Luis Antonio Mestre nun encontro que mantivo en Santiago o alcalde José Antonio Cacabelos coa Conselleira de Infraestructuras María Allegue.
A Festa do Marisco pasa o ecuador mantendo unha importante presencia de visitantes, nun ambiente máis relaxado que durante a fin de semana, pero cunha boa afluencia nas carpas.
Sanxenxo inicia un programa para promover o bo trato á infancia e á adolescencia do municipio sensibilizando á cidadanía co fin de defender os dereitos dos menores.
O grupo parlamentario socialista afirma que a Xunta non vai conceder axudas propias para o peche de seis meses decretado nos bancos de libre marisqueo de Arousa.

Comments
In Channel