DiscoverPodcast AROUSA SI RADIOAROUSA NOTICIAS 14 11 25
AROUSA NOTICIAS 14 11 25

AROUSA NOTICIAS 14 11 25

Update: 2025-11-14
Share

Description

A pesar das adversas condicións meteorolóxicos destes días, a campaña de extracción da centola está obtendo bos resultados de capturas. A Conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe a lonxa meca para comprobar as descargas da xornada.

A reparación do Albergue de Carril comezará a vindeira semana cun orzamento de 4.400 euros que será asumido polo Concello de Vilagarcía.

A reparación do firme da rotonda do Cavadelo iniciarase o vindeiro luns, se o tempo o permite, a través do Plan de Asfaltados Municipal.

Vilanova recibirá os primeiros recursos do III Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra con 140.000 euros para a renovación do céspede artificial do campo da S.D Chispa.

Sanxenxo contará en 2026 cun orzamento municipal de 69,8 millóns que se someterá a debate no pleno ordinario do próximo 24 de novembro.

A cidadanía de Caldas mobilizarase o 29 de novembro en protesta polo proxecto da Variante Oeste

O Plan Integrado de Emprego do Salnés comezou o itinerario da súa XIV edición cunha formación pioneira e innovadora na que participan 30 persoas: o curso “Machine Learning para Procesos de Selección Intelixentes” en departamentos de Recursos Humanos.

O comercio e a hostelería de Vilagarcía xa se poden adherir á campaña de bonos ‘Son da Casa!’ do 2025, que comezará a funcionar a partir do día 1 de decembro.
Comments 
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

AROUSA NOTICIAS 14 11 25

AROUSA NOTICIAS 14 11 25