AROUSA NOTICIAS 09 10 25
Update: 2025-10-09
Description
Unha muller foi detida esta mañá en Vilagarcía tras provocar un altercado nun céntrico bar da cidade. o bar Concello, e ferir a unha das responsables do local ameazándoa de morte.
Un veciño de Vilanova, duns 50 anos, foi detido pola Garda Civil en Ribadeo cando circulaba pola autoestrada do Cantábrico nun vehículo no que transportaba alrededor de diez kilos de estupefacientes ocultos nos baixos do coche.
O sindicato CIG volve a denunciar a situación laboral existente na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía , xestionada dende hai máis de 30 anos pola empresa Bonecos Vilagarcía S.L.
O grupo municipal do BNG de Vilagarcía quere saber os datos reais de participación, na Carreira Solidaria por Ucraína celebrada o pasado 27 de setembro polas rúas da cidade, provocando, segundo afirman, o colapso de tráfico no centro urbano.
O Concello agarda que a Festa do Marisco alcance este ano a asistencia dunhas 100.000 persoas. O evento gastronómico encara a última fin de semana cunha presencia constante de visitantes e actividades paralelas como o Premio Europeo de Gastronomía Tradicional Lola Torres.
A Praza de Abastos acolleu esta mañá unha nova xornada do ciclo 'O calendario da ría na túa mesa' que promove o consumo de peixe de proximidade.
En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende mañá venres e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest.

Comments
In Channel