DiscoverPodcast AROUSA SI RADIOAROUSA NOTICIAS 19 11 25
AROUSA NOTICIAS 19 11 25

AROUSA NOTICIAS 19 11 25

Update: 2025-11-19
Share

Description

A Subdelegación do Goberno activa dende hoxe o Plan de Vialidade Invernal que garante a circulación con seguridade pola rede de estradas estatais.

A lonxa de Tragove está a bater récords históricos de descarga de volandeira nesta campaña de Nadal recén iniciada con máis de 7.000 quilos diarios durante a primeira semana.

Novo vestiario para o campo de fútbol da Pelada e a renovación do chan e parte do material para o ximnasio municipal do pavillón Sara Gómez, en Vilagarcía.

A cidadanía de Vilagarcía e a clientela do comercio local terán unha hora gratis nos aparcamentos cubertos de titularidade municipal, segundo a nova orde fiscal que se aprobará no pleno deste mes.

Sanxenxo volve a apostar polos Recunchos de Nadal e dona 48 abetos que se ubicarán en once espazos diferentes ás asociacións do municipio para que decoren eles mesmos.

A Illa de Arousa aproba de forma definitiva a adquisición ao Plan Nacional sobre Drogas das dúas parcelas embargadas no seu día a Marcial Dorado para a construcción de vivenda pública.

Cambados aborda a prevención do suicidio nunha xornada de charla coloquio este domingo 23 na Casa da Calzada.

O Cemiterio de Santa Mariña, en Cambados, acolleu esta mañá a homenaxe a Josefina Blanco, destacada actriz do século XIX comezos do XX e prodixio dos escenarios teatrais.

A Orquestra Sinfónica de Galicia actúa mañá no Auditorio Municipal de Vilagarcía interpretando dúas composicións de Mozart e Dvorák.

Condenados dous porteiros dun pub de Sanxenxo a multas de 1.350 e 360 euros por un delito leve de lesións tras agredir a un xoven que tentou sacar unha copa do local.
Comments 
loading
00:00
00:00
1.0x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

AROUSA NOTICIAS 19 11 25

AROUSA NOTICIAS 19 11 25