AROUSA NOTICIAS 10 10 25
Update: 2025-10-10
Description
O Instituto Castro Alobre de Vilagarcía conmemorou hoxe o Día Internacional da Saída do Armario nun acto organizado polo grupo de Diversidades Afectivo Sexuais do centro.
A pista de atletismo de Fontecarmoa estrea luminarias nun proxecto de 165.000 euros, promovido polo Concello e financiado a través da Deputación Pontevedra, que pretende a mellora das instalacións para que poidan albergar competicións oficiais.
A contorna da estación de ferrocarril de Pontecesures luce nova imaxe tralas obras de acondicionamento executadas polo Concello e a Deputación cun orzamento duns 470.000 euros, financiados nun 70% con fondos provinciais.
O Concello de Pontecesures xa es centenario. O municipio celebrou os seus cen anos como vila independente nun pleno extraordinario que incluiu a estrea da Muiñeira de Cesures.
A Festa do Marisco encara a última fin de semana desta edición co obxectivo de alcanzar as 100.000 persoas visitantes e a entrega das Centolas de Ouro
En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende esta tarde e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest.

Comments
In Channel