AROUSA NOTICIAS 29 10 25
Update: 2025-10-29
Description
Unha masiva manifestación de profesores do ensino público percorreu esta mañá as rúas da cidade de Pontevedra nunha segunda xornada de folga convocada polos sindicatos CIG e STEG en demanda de mellores condicións laborais.
Vilagarcía licita o proxecto para renovar a iluminación no paseo marítimo, que conta cun presuposto de 496.000 euros e catro meses de execución e avanza unha segunda fase.
As obras da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Illa de Arousa avanzan a "bo ritmo" coa previsión de que os traballos queden rematados no prazo estimado de maio do vindeiro ano.
A rúa Outeiro da Vila, da Illa de Arousa, queda dende hoxe en sentido único de circulación dende o IES cara a Rúa Paradela.
Meaño disporá antes de que remate o ano dunha nova área de esparcemento nos Pasales, na contorna do Pump Truck, con pérgola, vexetación e bancos nun proxecto impulsado dende a Mancomunidade.
En Valga, quedaron inauguradas as obras de supresión dos dous pasos a nivel ubicados na parroquia de Cordeiro, concretamente nos puntos de Carracido e Castiñeiras-Carballa.
O Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará este venres no Pleno unha moción solicitando ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a inmediata anulación do actual proxecto da Variante Oeste de Caldas.
O Grove e Sanxenxo promocionarán esta fin de semana en Oporto a media Maratón Entrerías, que celebrará a súa terceira edición o 17 de maio.
Cambados adianta a esta tarde ás 19.30 o desfile musical da Santa Compaña ante a previsión de chuvia para mañá.

Comments
In Channel