AROUSA NOTICIAS 08 11 24
Update: 2024-11-08
Description
A nosa portada ábrese hoxe á provincia por un posible caso de asasinato por violencia machista acontecido en Baiona. A Garda Civil investiga a morte violenta dunha muller de 36 anos de idade, de iniciais E.B.S., cuxo cadaver foi localizado a primeira hora desta mañá na vivenda da súa exparella na parroquia de Belesar.
Susto de madrugada en Carril polo incendio do letreiro luminoso dunha farmacia, probablemente debido a un cortocircuito. A rápida intervención do Servizo Municipal de Emerxencias evitou que as lapas afectasen ao resto do edificio,
Vilagarcía prepárase para o Nadal cunha ampla programación navideña que o Concello volve a englobar baixo o nome de Nadalízate e que presentaban esta mañá a Concelleira de Cultura, Sonia Outón e o Concelleiro de Xuventude e Promoción Económica Alvaro Carou.
O Conselleiro de Educación Román Rodríguez, presentou en Vilanova o proxecto de mellora das instalacións deportivas do Colexio CEIP Sestelo-Baión, cun investimento de case 675.000 euros. A previsión é licitar as obras antes de que remate o ano para executalas en 2025.
A Xunta de Galicia destinará un investimento de 400.000 euros para actuacións de mellora de eficiencia enerxética no edificio dos xulgados de Caldas.
Tamén na Illa de Arousa executarase en breve unha actuación de eficiencia enerxética, neste caso por parte da Deputación de Pontevedra que aprobou hoxe o expediente para dotar ao centro sociocultural, situado nas Casas Modernistas, de instalacións de xeotermia sostibles, A iniciativa está enmarcada no programa de axudas estatais do IDAE que financia o 80%.
O Concello de Sanxenxo convoca o II Concurso de Iluminación “Deslumbra co teu Nadal” no que se repartirán 4.000 euros en premios e incorpora unha nova categoría para rúas e prazas.
O BNG de Sanxenxo lamenta que, a piques de rematar o ano 2024, aínda siga en pé un dos grandes elementos do feísmo de Sanxenxo, que “simboliza á perfección a política de formigón de Telmo Martín”.

Comments
In Channel