DiscoverPodcast AROUSA SI RADIOAROUSA NOTICIAS 02 09 25
AROUSA NOTICIAS 02 09 25

AROUSA NOTICIAS 02 09 25

Update: 2025-09-02
Share

Description

Paro agosto: co peche do período estival e o remate das contratacións de verán o desemprego aumenta no Salnés e baixa lixeiramente no Barbanza.

Sanxenxo colgou unha vez máis o cartel de "completo" logrando unha ocupación media do 88,44% durante o mes de agosto.

En Caldas, o alcalde Jacobo Pérez, solicita unha reunión co Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible para solicitarlle que se teñan en conta as propostas municipais no futuro proxecto da Variante Oeste.

Na Illa de Arousa, o alcalde Luis Arosa volve a reclamar á Xunta que preste atención ao colexio Torre Illa e arranxe deficiencias que, segundo asegura, se veñen arrastrando dende hai anos.

Vilagarcia reafirma que o cambio na circulación da rúa Adolfo Pedrido Morla, a partir de hoxe con sentido único, "repercutirá positivamente na zona de Fontecarmoa".

Ravella solicitou autorización á Autoridade Portuaria para a instalación da estatua "O Adeus" de César Lombera no peirao de Pasaxeiros.

A presenza de carabelas portuguesas vivas en praias de Sanxenxo sigue provocando que o Concello prohiba o baño e ice a bandeira vermella nos areais afectados.

Vilagarcía volve a mirar cara Ucraína coa II Carreira Solidaria organizada por Arousa Moza en colaboración co Concello e La Caixa.

Meis agarda a presencia de máis de 70 coches de toda Galicia na II Concentración de Clásicos que se celebrará este domingo 7 de setembro.
Comments 
loading
00:00
00:00
1.0x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

AROUSA NOTICIAS 02 09 25

AROUSA NOTICIAS 02 09 25