DiscoverPodcast AROUSA SI RADIOAROUSA NOTICIAS 09 09 25
AROUSA NOTICIAS 09 09 25

AROUSA NOTICIAS 09 09 25

Update: 2025-09-09
Share

Description

Dúas persoas resultaron feridas graves a consecuencia dunha liorta a martelazos rexistrada esta mañá na suposta “narcocasa” de Trabanca Badiña, en Vilagarcía.

A xuiza de Instrucción decretou a posta en liberdade do mozo de Vilagarcía investigado por supostamente ter matado á súa nai no domicilio que ambos compartían na rúa Duque de Rivas.

Turismo de Galicia exixe ao Concello o arranxo dos desperfectos detectados no Albergue de Carril, estreado este verán trala cesión por parte do Concello á rede de albergues de Galicia e con peche cautelar dende o pasado venres.

Os clubs deportivos de Vilagarcía saen á rúa para captar talento de cara á nova temporada e organizan xornadas na rúa co obxectivo de achegar ás súas disciplinas ás familias.

As carabelas portuguesas dan unha tregua en Sanxenxo e no Grove ainda que quen acuda ás praias debe ser todavía cauto ao achegarse á auga.

Os propietarios do Polígono de Paradela-Carracedo, en Caldas, dan luz verde ao desenvolvemento do parque empresarial.

A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía celebra o seu décimo aniversario cun programa de concertos que inclúe a actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Real Filharmonía,

A Illa de Arousa e a Mancomunidade do Salnés organizan unha nova experiencia turística e cultural para "revivir a orixe do Camiño de Santiago a través da Ruta Traslatio".
Comments 
00:00
00:00
x

0.5x

0.8x

1.0x

1.25x

1.5x

2.0x

3.0x

Sleep Timer

Off

End of Episode

5 Minutes

10 Minutes

15 Minutes

30 Minutes

45 Minutes

60 Minutes

120 Minutes

AROUSA NOTICIAS 09 09 25

AROUSA NOTICIAS 09 09 25